domingo, 28 de febrero de 2010

El Escarabajo Verde: Pueblos en Transición


Hoxe non teño moitas palabras: Simplemente vou aproveitar pra desexarvos a todas, a felicidade. Polo menos, ás que vos encontredes na súa procura.

Sei que pode resultar, esta que estades a ler, unha entrada estraña. Se cadra se vos digo que son as 19.30 horas, e que é domingo, me entenderedes un pouquiño mellor. En fin, desas tardes nas que non te encontras con forzas, desas tardes nas que as nubes levan o protagonismo... I é nese intre, cando observas o teu redor, e ve-la choiva caer de maneira pachorrenta pero a vez constante, cando pensas só en relaxarte e deixar que os aparellos pensen por ti.

Déixovos aquí unha reportaxe que vin hoxe nun deses aparellos que, ás veces, non teñen tanto de 'caixa tonta'.
(Non dou posto o link pero podedes entrar neste enderezo)
http://www.rtve.es/alacarta/la2/ultimos/index.html#698372

Bicos a todas e un ''quérote'' a quen de min o queira!

2 comentarios:

Alberto Rivero Saeta dijo...

Moi boa entrada sí señor, todos temos ese momento no que non deixamos levar pola rotación terrestre. Un saudo

Ari Schreiber dijo...

íache por aqui un comentario o outro día..pero entre que acababa de ver o vídeo e chegaban unhas amigas esquecinme...A verdade e que docus como ises fan que nos poñamos a pensar no torpes e insensible que somos..cómo será o futuro que nos agarda, negro, por certo e cómo estan as cousas...mandoche un super biko!!! a ver cando teño a oportunidá de volver a verte..lembra que che debo unhas clases de pandeireta!!!!