sábado, 19 de febrero de 2011

V XORNADAS DE AGROECOLOXÍA DE OURENSE


Martes 15 de febreiro: Presentación das Xornadas. Lugar: Casa da Xuventude, rúa Celso Emilio Ferreiro 27, ás 11:30 horas.

Xoves 17 de febreiro: "Mulheres e méio rural". Compartiremos un serán de compromiso con o agro e o feminismo ao calor de dúas impresionantes mulleres, rebeldes incombustíbeis, coidadoras do público e do privado, da terra, o traballo, a saúde e a xustiza. Participan: Tareixa Ledo e Lidia Senra. Lugar: Centro Social Sem Um Cam (rúa do Vilar, 9), ás 20:00 horas.

Venres 18 de febreiro: "Decrecemento". Tentaremos desmontar a falacia que asocia Crecemento Económico con benestar, servizos sociais, calidade de vida... O decrecemento, non só como teoría filosófica senón tamén como modo de vida, vira as costas ao capitalismo na procura de outros mundos posibles, no camiño da xustiza social e ecolóxica. Participa: Carlos Taibo. Lugar: Centro Social A Esmorga (rúa Telleira, 9), ás 20:00 horas.

Sábado 19 de febreiro: Banco de sementes. Mercadiño de troco de sementes ecolóxicas. Pretendemos favorecer a recuperación e conservación das variedades tradicionais de plantas que foron mantidas dende sempre polas nosas agricultoras locais. Participan: invitamos a participación de todas as veciñas e veciños. Lugar: Parque novo debaixo da Ponte de Marcelo Macías (Barrio do Polvorín), de 11:00 a 14:00 horas.

Domingo 20 de febreiro: xantar anti-transgénicos. Como primeiro prato, Charo Sanchez do Sindicato Labrego falara-nos da repercusión da introdución dos transxénicos no agro galego e das consecuencias sobre a nosa alimentación. O coloquio desenvolverá-se ao longo dun xantar cento por cento ecolóxico, onde debateremos sobre as posíbeis receitas para deitar fora das nosas mesas os produtos manipulados xeneticamente. Participa: Charo Sánchez Parga. Lugar: Sem Um Cam, ás 13:30 horas. Inscrición no co-e: informacio n@agrourense.infoEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver . Preço: 5 €.

Martes 22 de febreiro: "A privatización dos recursos: Os exemplos da água e o solo". Á hora de tomar calquera decisión social, política ou económica que hoxe gobernan o mundo, calquera cousa é susceptíbel de entrar na categoría de mercadoría. A isto non escapa nada: nin alimentos, nin terra, nin água, nin sequera as persoas. Nesta xornada as compañeiras dos SLG falarannos da nova lei de augas da xunta, da nova lei do solo e das Directrices de Ordenacióndo Territorio
que supoñen a privatización da água e a desprotección absoluta dos solos agrícolas. Participa: Manuel Docampo, membro da executiva nacional do Sindicato Labrego Galego. Lugar: A Esmorga Centro Social (Rua Telheira 9 Zona Universitaria), ás 20:00 horas.

Mércores 23 de febreiro: "Unha visión crítica do consumo responsábel". Da man deste entrañábel economista ourensán, revisaremos o ideario que latexa en moitos dos nosos movementos sociais seguindo a liña de análise da Economía Crítica. Participa: xosé Iglesias. Lugar: Facultade de Ferro (aula 0.3), Campus Universitario de Ourense, ás 20:00 horas.

Venres 25 de Febreiro: Visita guiada a un hipermercado. O hipermercado, fiel representante da sociedade de consumo actual, tamén o é da exclusión e insostibilidade que caracteriza a globalización económica. Detrás de prezos contidos e unha suposta grande variedade de mercadorías agóchase moito máis que o acceso a unha alimentación suficiente e saudable. Máis ben o contrario, a concentración da distribución nas multinacionais promove tamén a globalización da agricultura no Mundo, provocando o uso irresponsable dos recursos e atentando gravemente contra a seguridade e soberanía alimentaria dos labregos e traballadores, así como a dos propios consumidores. Lugar: Estatua Carrabouxo (Parque de San Lázaro), ás 19:00 horas.

Agri - CULTURA: Actividades Culturais. Concerto musical de Ugía Pedreira + Fred Martins, Sacha na Horta e Tristteto, que colaboran de forma altruísta en apoio das Xornadas de Agroecoloxía. Lugar: Café Auriense, Praza do Correxidor, ás 22:00 horas. Prezo: 5 €.

Sábado 26 de febreiro: Visita a fundación Galicia Verde. Situada no concello de Forcarei a entidade ten como fins, entre outros, os de promover o cambio social e a sustentabilidade no medio rural, así como a concienciación e a denuncia dos dos graves problemas que afectan ao medio natural. Un proxecto transformador que parte da iniciativa de particulares sensibilizadas coa crise social e ambiental que estamos a vivir. Saída: quedada na rotonda do afiador (no lateral do Edificio Politécnico da Universidade, ao lado da estrada que vai a Castro Caldelas), ás 9:30 horas. Inscrición no co-e: informacio n@agrourense.infoEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver (avisar de se dispón de coche).

Martes 1 de marzo: "Finanzas éticas". Existe a economía transparente e solidaria. Diversas propostas económicas de ámbito galego posibilitan incidir social, cultural e ecolóxicamente no noso entorno. Mostrarán que non se financiará á industria armamentística, á especulación e á destrución do planeta. Non cos nosos cartos. Participan: Fiare, Coop57 e O Peto Lugar: Café Grándola (praza de San Marcial), ás 20:00 horas

Venres 4 de marzo: Reunión da Rede Galega de Consumo Responsable. Galiza continúa coa súa escalada de colectivos de diversa índole que apostan por traballar por unha cultura de consumo consciente e responsable. Situándose na realidade social e económica da Galiza do século XXI, podemos camiñar sendo conscientes das nosas decisións en materia de consumo. Lugar: Casa da Xuventude (rúa Celso Emilio Ferreiro, 27), ás 17:00 horas.

lunes, 31 de mayo de 2010

Irmau por Celso Emilio Ferreiro

Camiñan ao meu rente moitos homes.
Non os coñezo. Sonme estranos.
Pero tí, que te alcontras alá lonxe,
máis alá dos desertos e dos lagos,
máis alá das sabanas e das illas,
coma un irmáu che falo.
Si é túa a miña noite,
si choran os meus ollos o teu pranto,
si os nosos berros son igoales,
coma un irmáu che falo.
Anque as nosas palabras sean distintas,
e ti negro i eu branco,
si temos semellantes as feridas,
coma un irmáu che falo.
Por enriba de tódalas fronteiras,
por enriba de muros e valados,
si os nosos soños son igoales,
coma un irmáu che falo.
Común temos a patria,
común a loita, ambos.
A miña mau che dou,
coma un irmáu che falo.

viernes, 9 de abril de 2010

EU NON QUERO TRANSXÉNICOS!


Xa comezou a Semana Estatal de Loita contra os OMX.
Esta, rematará o día 17 de Abril cunha manifestación que comezará ás 11.30 horas na 'Puerta de Alcalá' e rematará na 'Sede do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino' pra mostralo rexeitamento da sociedade civil á introducción de Organismos Xenéticamente Modificados na nosa agricultura e na alimentación.

O día 17 de Abril será un día especialmente reivindicativo. Que facemos... Loitamos contra o gran ataque que esta a sufrir a nosa lingua, ou contra a continua presión que teñen que aturar os labregos?

Fagamos o que fagamos. O día 17 de Abril imos cantar e berrar ben alto QUE A TERRA É NOSA E A NOSA FALA TAMÉN!
Eles teñen os cartos... NÓS TÉMOLA VERDADE.

lunes, 22 de marzo de 2010

Só podo dicir: ''BUFF BUFF BUFF!''


O día 17 de abril terá lugar no recinto feiral de Pontevedra un concerto, que contará coa colaboración desinteresada dalgúns dos máis importantes grupos do panorama musical galego actual, mostrando o seu compromiso coa nosa lingua e a nosa cultura: A QUENLLA, ASOCIACIÓN DE GAITEIROS GALEGOS, BERROGÜETTO, ESPIDO, FIA NA ROCA, FUXAN OS VENTOS, GALEGOZ, GARCIA MC, LAMATUMBÁ, LUAR NA LUBRE, MILLADOIRO, OS CARUNCHOS, OS TRES TREBÓNS, RUXE RUXE e ZURRUMALLA.
Este festival terá un importante contido lúdico e cultural mais especialmente mobilizador e reivindicativo, nun momento no que se está a intensificar o desmantelamento da oficialidade da nosa lingua, como se evidenciou coa non admisión a trámite da ILP de Queremos Galego, polo que é importantísimo garantir a maior asistencia de público posíbel.
A hora de inicio está fixada para as 19.30. No interior haberá diferentes barras con comida e bebida.
Entradas:
- O prezo de venda anticipada será de 10€ e o propia día de 12€. A data límite para venda anticipada será o 11 de abril.
Puntos de venda: http://sites.google.com/a/queremosgalego.org/queremos-galego/festival-queremos-gaelgo

viernes, 12 de marzo de 2010

domingo, 28 de febrero de 2010

El Escarabajo Verde: Pueblos en Transición


Hoxe non teño moitas palabras: Simplemente vou aproveitar pra desexarvos a todas, a felicidade. Polo menos, ás que vos encontredes na súa procura.

Sei que pode resultar, esta que estades a ler, unha entrada estraña. Se cadra se vos digo que son as 19.30 horas, e que é domingo, me entenderedes un pouquiño mellor. En fin, desas tardes nas que non te encontras con forzas, desas tardes nas que as nubes levan o protagonismo... I é nese intre, cando observas o teu redor, e ve-la choiva caer de maneira pachorrenta pero a vez constante, cando pensas só en relaxarte e deixar que os aparellos pensen por ti.

Déixovos aquí unha reportaxe que vin hoxe nun deses aparellos que, ás veces, non teñen tanto de 'caixa tonta'.
(Non dou posto o link pero podedes entrar neste enderezo)
http://www.rtve.es/alacarta/la2/ultimos/index.html#698372

Bicos a todas e un ''quérote'' a quen de min o queira!

domingo, 21 de febrero de 2010

Terror en el Hipermercado


Aii mi hijo, quita el saio,
que aunque entramos en marzo,
aquí hay un microclima
de treinta y siete grados!

Mi amor, casi es mejor
que te pongas el cinturón;
que aquí todos los carros
tienen mal la dirección!

Manzanas ya cortadas
en envases de plástico!
No se oxidan!
uii que raro!

Déjame un instante
pendurarme de ese estante,
que yo bien sé que es donde tienen
sus mejores chocolates!

En tu aldea solo hay verde,
no hay variaciones!
Es mejor este McMundo
con payasos de colores!


Eu non sei... case prefiro
mercarlle ao Antón os seus tomates,
facer eu as ensaladas...

Sen químicos, sen nada!
Solo as maos pra traballalas!