sábado, 19 de febrero de 2011

V XORNADAS DE AGROECOLOXÍA DE OURENSE


Martes 15 de febreiro: Presentación das Xornadas. Lugar: Casa da Xuventude, rúa Celso Emilio Ferreiro 27, ás 11:30 horas.

Xoves 17 de febreiro: "Mulheres e méio rural". Compartiremos un serán de compromiso con o agro e o feminismo ao calor de dúas impresionantes mulleres, rebeldes incombustíbeis, coidadoras do público e do privado, da terra, o traballo, a saúde e a xustiza. Participan: Tareixa Ledo e Lidia Senra. Lugar: Centro Social Sem Um Cam (rúa do Vilar, 9), ás 20:00 horas.

Venres 18 de febreiro: "Decrecemento". Tentaremos desmontar a falacia que asocia Crecemento Económico con benestar, servizos sociais, calidade de vida... O decrecemento, non só como teoría filosófica senón tamén como modo de vida, vira as costas ao capitalismo na procura de outros mundos posibles, no camiño da xustiza social e ecolóxica. Participa: Carlos Taibo. Lugar: Centro Social A Esmorga (rúa Telleira, 9), ás 20:00 horas.

Sábado 19 de febreiro: Banco de sementes. Mercadiño de troco de sementes ecolóxicas. Pretendemos favorecer a recuperación e conservación das variedades tradicionais de plantas que foron mantidas dende sempre polas nosas agricultoras locais. Participan: invitamos a participación de todas as veciñas e veciños. Lugar: Parque novo debaixo da Ponte de Marcelo Macías (Barrio do Polvorín), de 11:00 a 14:00 horas.

Domingo 20 de febreiro: xantar anti-transgénicos. Como primeiro prato, Charo Sanchez do Sindicato Labrego falara-nos da repercusión da introdución dos transxénicos no agro galego e das consecuencias sobre a nosa alimentación. O coloquio desenvolverá-se ao longo dun xantar cento por cento ecolóxico, onde debateremos sobre as posíbeis receitas para deitar fora das nosas mesas os produtos manipulados xeneticamente. Participa: Charo Sánchez Parga. Lugar: Sem Um Cam, ás 13:30 horas. Inscrición no co-e: informacio n@agrourense.infoEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver . Preço: 5 €.

Martes 22 de febreiro: "A privatización dos recursos: Os exemplos da água e o solo". Á hora de tomar calquera decisión social, política ou económica que hoxe gobernan o mundo, calquera cousa é susceptíbel de entrar na categoría de mercadoría. A isto non escapa nada: nin alimentos, nin terra, nin água, nin sequera as persoas. Nesta xornada as compañeiras dos SLG falarannos da nova lei de augas da xunta, da nova lei do solo e das Directrices de Ordenacióndo Territorio
que supoñen a privatización da água e a desprotección absoluta dos solos agrícolas. Participa: Manuel Docampo, membro da executiva nacional do Sindicato Labrego Galego. Lugar: A Esmorga Centro Social (Rua Telheira 9 Zona Universitaria), ás 20:00 horas.

Mércores 23 de febreiro: "Unha visión crítica do consumo responsábel". Da man deste entrañábel economista ourensán, revisaremos o ideario que latexa en moitos dos nosos movementos sociais seguindo a liña de análise da Economía Crítica. Participa: xosé Iglesias. Lugar: Facultade de Ferro (aula 0.3), Campus Universitario de Ourense, ás 20:00 horas.

Venres 25 de Febreiro: Visita guiada a un hipermercado. O hipermercado, fiel representante da sociedade de consumo actual, tamén o é da exclusión e insostibilidade que caracteriza a globalización económica. Detrás de prezos contidos e unha suposta grande variedade de mercadorías agóchase moito máis que o acceso a unha alimentación suficiente e saudable. Máis ben o contrario, a concentración da distribución nas multinacionais promove tamén a globalización da agricultura no Mundo, provocando o uso irresponsable dos recursos e atentando gravemente contra a seguridade e soberanía alimentaria dos labregos e traballadores, así como a dos propios consumidores. Lugar: Estatua Carrabouxo (Parque de San Lázaro), ás 19:00 horas.

Agri - CULTURA: Actividades Culturais. Concerto musical de Ugía Pedreira + Fred Martins, Sacha na Horta e Tristteto, que colaboran de forma altruísta en apoio das Xornadas de Agroecoloxía. Lugar: Café Auriense, Praza do Correxidor, ás 22:00 horas. Prezo: 5 €.

Sábado 26 de febreiro: Visita a fundación Galicia Verde. Situada no concello de Forcarei a entidade ten como fins, entre outros, os de promover o cambio social e a sustentabilidade no medio rural, así como a concienciación e a denuncia dos dos graves problemas que afectan ao medio natural. Un proxecto transformador que parte da iniciativa de particulares sensibilizadas coa crise social e ambiental que estamos a vivir. Saída: quedada na rotonda do afiador (no lateral do Edificio Politécnico da Universidade, ao lado da estrada que vai a Castro Caldelas), ás 9:30 horas. Inscrición no co-e: informacio n@agrourense.infoEste enderezo de correo-e está protexido contra spam bots, necesitas ter o Javascript activado para podelo ver (avisar de se dispón de coche).

Martes 1 de marzo: "Finanzas éticas". Existe a economía transparente e solidaria. Diversas propostas económicas de ámbito galego posibilitan incidir social, cultural e ecolóxicamente no noso entorno. Mostrarán que non se financiará á industria armamentística, á especulación e á destrución do planeta. Non cos nosos cartos. Participan: Fiare, Coop57 e O Peto Lugar: Café Grándola (praza de San Marcial), ás 20:00 horas

Venres 4 de marzo: Reunión da Rede Galega de Consumo Responsable. Galiza continúa coa súa escalada de colectivos de diversa índole que apostan por traballar por unha cultura de consumo consciente e responsable. Situándose na realidade social e económica da Galiza do século XXI, podemos camiñar sendo conscientes das nosas decisións en materia de consumo. Lugar: Casa da Xuventude (rúa Celso Emilio Ferreiro, 27), ás 17:00 horas.

No hay comentarios: