Disque un vello xigante, de oficio carboeiro, na noite do 24 de decembro, baixaba das devesas até as aldeas e apalpaba as barriguiñas dos cativos.
Se estaban cheas dicía: "así, así esteas todo o ano" e deixaba unha presa de castañas. Se non... calaba, pero as castañas tamén as daba.
Pra sosegar aos rapaces, bulideiros pola inquedanza da chegada do Apalpador, os pais cantábanlles:
Vaite logo, meu meniño
marcha agora pra a camiña
Que vai vir o Apalpador
a apalparche a barriguiña
Xa chegou o día
grande día do noso Señor.
Xa chegou o día grande
e virá o Apalpador.
Mañá é dia de cachela,
que haberá gran nevarada
e há vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa ven relumbrando
o señor Apalpador
pra dárvo-lo aguinaldo.
5 comentarios:
oh!!así que este é o apalpador, o trasunto do milhomes!!(e esto non ten nada que ver co unto). O tempo fuxe, condenado, e temos quefacer moitas cousas xuntos...polo menos a nosa ruta da Esmorga (e por suposto o domingueo no Paulino, prometíchesmo e alí te quero ver!)joder, como me pesou marchar hoxe, non sabes cánto...adórote meu milhomes, meu furafollas. Oliscámonos mañá!
en fin, deixeiche un comentario longo e precioso pero non sei se quedou...adórote e pesoume moito marchar hoxe!!beijos milhomes
...mmmm este ''apalpador de barrigas'' ten unhas connotaciós un tanto pedófilas...
Temos un referente moi ourensán do Apalpador que é o Pandigueiro das Terras de Trives, nome máis politicamente correcto, coma se di aghora
Parabéns por esas rotas esmorgueiras, con premiso da súa cara
O Xosé
Moitas gracias, Xosé, polo comentario e sobre todo pola información hehe non tiña coñecemento dese Pandigueiro... é bo sabelo!
Pois non sei se nos coñecemos ou non, a verdade quedei intrigado!
Apertas!
Publicar un comentario